ADN
Reconbinante.
É unha
molécula de ADN artificial formada de maneira deliberada in vitro
pola unión de secuencias de ADN provenientes de dous organismos
distintos que normalmente non se encontran xuntos. Ao introducirse
este ADN recombinante nun organismo, prodúcese unha modificación
xenética que permite a adición de unha nova secuencia de ADN ó
organismo, conlevando a modificación dos rasgos existentes ou a
expresión de novos rasgos. A produción dunha proteína no presente
nun organismo determinado e producidas a partir do ADN recombinante,
chámanse proteínas recombinantes.
O proceso de produción dun ADN recombinante comeza
coa identificación dun organismo dunha secuencia de ADN de interese
co fin de propagalo noutro organismo que carece da secuencia e, por
ende, do produto proteico de esa secuencia de ADN. Así pódese
producir cantidades ilimitadas da proteína codificada polo susodito
xen. En términos simples, o procedemento consiste en:
-
Localización de xenes e as súas funcións.
-
Reacción en cadea da polimerasa (PCR)
-
Utilización de vectores de expresión.O proceso en si da produción do citado ADN podemos determinar que se compón de seis fases claramente delimitadas:
-A preparación da secuencia do ADN para poder crear a pertinente clonación.
-A preparación posteriormente do vector de clonación a emplear.
-A formación en si do ADN recombinante.
-A introdución do aquel na célula anfitrioa.
-A propagación do cultivo.
-O que sería a detección e selección dos clones recombinantes.
Pegada xenética
É
unha técnica que se utiliza para distinguir entre os individuos
dunha mesma especie utilizando mostras do seu ADN.
A
súa invención foi obra do doutor Alec Jeffreys, da Universidade de
Leicester, no ano 1984.
A
técnica baséase en que dous seres humanos teñen unha gran parte da
súa secuencia de ADN en común, polo que para distinguir a dous
individuos pódese explotar a repetición de secuencias altamente
variables chamadas minisatélites VNTR (os microsatélites mostran
unha maior variación que o resto do xenoma, xa que en eles se
encontran unhas secuencias en distinta repetición e con
diferente grado de recombinación debido á inestabilidade do locus)
diferente grado de recombinación debido á inestabilidade do locus)
VNTR: Número Variable de Repeticións en Tándem
Locus: É unha posición fixa nun cromosoma, que determina a posición dun xen.
Dous
persoas non relacionadas será pouco probable que teñan o mesmo
número de minisatélites.
A
pegada xenética utilízase na medicina forense para identificar aos
sospeitosos con mostras de sangue, ou outros elementos, como saliva,
cabelo... Tamén se utiliza para a identificación dos restos
humanos, as probas de paternidade, a compatibilidade na doazón de
órganos, o estudo das poboacións de animais silvestres e o
establecemento do orixe e composición de alimentos, sendo tamén
útil para xerar hipóteses sobre as migracións dos seres humanos na
prehistoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario